Fotos para Wallapop ou Vinted sen dicir onde vives
Cando vendes algo de segunda man, case sempre o fotografas na casa: no salón, na cama, na entrada. Esas fotos veas calquera que abra o anuncio, e poden dicir máis do que parece: onde se fixeron, con que teléfono e, ás veces, o que se ve pola ventá.
O que vai dentro da foto
Unha foto feita co móbil adoita levar as coordenadas GPS do sitio exacto onde se fixo, cunha marxe de poucos metros. Se a fas na casa, son as coordenadas da túa casa. Ademais van o modelo do teléfono e a data e a hora.
Non atopamos na axuda de Wallapop nin na de Vinted que fan con eses datos ao subir unha foto. Pode que os quiten, ou pode que non, e o que non está documentado non convén dalo por feito. O prudente é que a foto non os leve antes de subila.
Como quitalos antes de subir a foto
- Mira que leva. Arrastra a foto a KillEXIF: se ten coordenadas, sairán en «Onde estabas», cun mapa. A análise faise no teu navegador e a foto non sae do teu dispositivo.
- Límpaa. Con «Limpar», KillEXIF quita a localización, o modelo e as datas sen recomprimir a foto, e comproba despois que non queda nada. Descárgaa e sube esa.
- Para a próxima, desde o móbil. No iPhone, ao compartir, abre as opcións e desactiva a localización; en Android, en moitos modelos pódese quitar a localización da cámara nos seus axustes. Así as fotos novas xa non a levan.
O que se ve tamén conta
Os metadatos son o invisible, pero unha foto tamén fala polo que amosa. Antes de publicalas, míraas cos ollos dun descoñecido:
- A ventá: un edificio recoñecible, o nome dunha tenda ou a vista desde o teu piso sitúan a túa casa sen necesidade de GPS.
- Os papeis: cartas, paquetes con etiqueta de envío, recibos ou a caixa do correo poden levar o teu nome e o teu enderezo.
- Os reflexos: un espello ou unha pantalla apagada poden amosarte a ti ou o resto da habitación.
- O que di como vives: chaves colgadas, o portal ou a matrícula do coche. Mellor un fondo neutro e preto do obxecto.
E no día a día
Se vendes a miúdo, as aplicacións de KillEXIF para Mac e Windows teñen cartafoles vixiados: pasas as fotos do móbil a un cartafol e límpanse soas mentres a aplicación está aberta. Na web, arrastras varias á vez e límpalas con «Limpar todo».