← Ferramenta

En desenvolvemento · sen data

KillEXIF para Mac

Está en desenvolvemento. Aínda non hai nada que descargar nin data que prometer: isto é o que vai ser.

A web non se vai capar

KillEXIF no navegador limpa os mesmos ficheiros que limpará a aplicación, e vai seguir facéndoo de balde e enteiro. Unha ferramenta de privacidade que agocha funcións para empurrarte a pagar perde xustamente o que a fai crible.

Na aplicación págase o que un navegador non pode dar:

O mesmo motor e as mesmas regras

Non se recodifica nada. Elimínanse os bloques de metadatos e os datos comprimidos quedan intactos, byte a byte, igual ca aquí.

Non sae nada do teu equipo. E o que non se sabe limpar con seguridade dise, no canto de devolverche o ficheiro sen tocar e chamarlle limpo.

O motor reescríbese en Swift: non é esta web metida dentro dunha xanela. Para que as dúas implementacións non se separen co tempo, hai unha suite de conformidade feita con ficheiros reais que ambas as dúas teñen que pasar, caso por caso.

Como se pagará

Pagamento único. Sen subscrición, sen conta e sen nada que caduque.

O prezo dirase cando haxa algo que mercar. Anuncialo antes sería outra promesa sen produto detrás.

En que punto está

Primeiro macOS, e rematada antes de comezar ningunha outra cousa. Windows, iPad e iPhone veranse despois: hoxe non hai nin compromiso nin data.

Non hai lista de correo na que apuntarse, porque esta web non envía nin recibe nada — é a mesma política que impide que os teus ficheiros saian de aquí. Cando a aplicación saia, anunciarase nesta páxina.

  1. Especificación e suite de conformidadeFeito
  2. Motor en Swift: catorce formatosFeito
  3. App de macOS: xanela e verificaciónFeito
  4. Extensión do FinderFeito
  5. Cartafoles vixiados e lotes grandesEn curso